Nace no Porriño e comeza a tocar a guitarra aos dez anos cos seus irmáns.
Estudia solfeo e violín no conservatorio de Vigo ao tempo que empeza, como baixista
primeiro e violinista despois, a tocar no grupo NA LÚA, no que permanecerá quince anos.
En NA LÚA desenvolve unha grande actividade como arranxista e compositor vinculado á música tradicional de Galiza. Realiza as súas primeiras xiras pola península, Sudamérica, Europa,etc.
Producen 6 discos:
- NA LÚA – 1985
- A ESTRELA DE MAIO – 1987
- ONDAS DO MAR DE VIGO – 1989 (Premio da Crítica de Galiza).
- CONTRADANZAS – 1991
- PELIQUEIRO – 1994
- OS TEMPOS SON CHEGADOS – 1997 (como convidado).
Colabora en numerosos discos doutros artistas como convidado, produtor ou arranxista.
A principios dos anos noventa forma parte do grupo MATTO CONGRIO co que realiza concertos e a gravación dun disco co mesmo nome.
Nesta época tamén forma parte do Grupo TRES co que fai o disco PARAÍSO DE LEONOR.
A partir do ano 95 comeza a súa andaina ao carón de CARLOS NUÑEZ facendo concertos por América, Europa, Asia e Australia pasando polos escenarios máis emblemáticos do mundo como o Carnegie Hall, Ópera de Sidney…
Participa nos seus discos:
- A IRMANDADE DAS ESRELAS – 1997
- AMORES LIBRES – 1999
- MAIO LONGO – 2000
- ALMAS DE FISTERRA – 2003
- CARLOS NUÑEZ E AMIGOS (DVD en directo) -2004
- CINEMA DO MAR – 2006
- ALBORADA DO BRASIL – 2009
Tamén grava na banda sonora da película de ALEJANDRO AMENÁBAR “MAR ADENTRO”. Película que recibe, entre outros galardóns, “Goya mellor Banda Sonora”, “Oscar mellor película de fala non inglesa”.
Aparece nos máis significativos programas de TV en numerosos países, así como a participación en diversos programas de radio.
Está presente como compositor en documentais e outros proxectos audiovisuais.
Forma parte do show de THE CHIEFTAINS entre 1997 e 2005 facendo máis de 100 concertos por toda Norteamérica, Europa e Xapón.
Con esta banda grava nos discos “SANTIAGO” -1996, premiado cun Grammy, e participa no “LIVE FROM DUBLIN A TRIBUTE TO DEREK BELL” – 2004, no “SAN PATRICIO” – 2010 e no “VOICE OF AGES” -2011.
En solitario produce e grava catro discos:
- FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES – 1998 (Premio mellor disco folc europeo 1998 pola revista FOLK WORLD).
- NAS CORDAS – 2001
- SÓLIDOS GALICIANOS – 2009
- SONCHE ATLÁNTICO – 2012
Participa nos discos colectivos CANTIGAS DE NADAL-1998 e MAREA DE MÚSICA-2004.
Nestes discos desenvolve o seu particular perfíl como músico que se inspira na música tradicional de Galiza, utilizando especialmente instrumentos de corda como violín, viola, viola de gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo, ademáis de percusións, concertina, harmónica, etc, adaptandóos, nunha permanente búsqueda, ao xeito de tocar dos instrumentos tradicionais.
É quizais o violinista máis achegado ao estilo musical propio dos cegos, en concreto ao de Florencio, o derradeiro gran violinista cego.
Como cantante explora diferentes rexistros, baixo a influencia de Florencio e Faustino Santalices.