A fin de semana do 10 e 11 de Novembro celebrouse en Trives un curso de violín tradicional no que tiven o pracer de participar como docente. No mesmo tratouse o repertorio de Florencio, o cego dos Vilares.
Estivo organizado polo Concello de Trives e a Central Folque dentro dunha serie de actos arredor da figura de Ricardo Courtier.
Para finalizar as xornadas tivo lugar un concerto no que interpretamos pezas do repertorio de Florencio acadando por parte do público unha grande ovación.